Sarria acolle hoxe as finais da Copa Deputación de Fútbol Sala
Sarria acolle hoxe os encontros da III Copa Deputación de Fútbol Sala, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O pavillón do Chanto vivirá unha xornada de fútbol sala, que arrancará coas semifinais de Primeira División Masculina durante a mañá, e que se completará coa disputa das finais de Segunda División Masculina, Primeira División Feminina e Primeira División Masculina.
O deputado de Deportes Efrén Castro animou a “todos os afeccionados e afeccionadas a achegarse ata Sarria para dar azos aos equipos participantes e disfrutar dun deporte no que, máis aló de grandes referentes no fútbol profesional como o Burela FS, Lugo ten unha posición moi destacado con varios clubs que compiten nas primeiras categorías galegas e que fan unha aposta importante polo deporte feminino e pola base. O obxectivo de competicións como a Copa Deputación é seguir incentivando ese traballo a través do recoñecemento social e tamén das achegas económicas”
As finais poñerán o broche a unha competición que se retomou despois de dúas temporadas e que na que participaron 35 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financia a organización da competición cun orzamento que se distribúe entre todos os equipos con premios por participacion, en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 220 e 340 euros), e un premio adicional para aos equipos campións e subcampións de cada categoría (entre 400 e 750 euros)
Horarios
Semifinais
- Primeira División Masculina
10:30 horas, Concello de Begonte FS – Guitiriz FS
12:30 horas, SD Xove FS – Outeiro de Rei SD
Finais
- Segunda División Masculina
16:00 horas, Parrillada Porta Santiago FS - ADC Lugo Sala - Primeira División Feminina
18:15 horas, Concello de Begonte FS – Vilalba FS - Primeira División Masculina
20:30 horas: Por determinar