Sargadelos volverá homenaxear a Isaac Díaz Pardo cunha romaría nas Carboeiras

AMariñaXa
A organización dará a coñecer proximamente a programación completa dunha cita que busca reivindicar o legado cultural e creativo do artista e intelectual galego
romaria-isaac-sargadelos
16 Jul 2026

O espazo das Carboeiras, no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, converterase o vindeiro 1 de agosto nun punto de encontro para render homenaxe a Isaac Díaz Pardo cunha romaría popular aberta a toda a cidadanía.

A iniciativa está a ser promovida a través da páxina "Isaac Sargadelos" nas redes sociais, desde a que a organización irá difundindo toda a información relacionada co evento.

Polo momento, os promotores deron a coñecer o cartel desta edición, unha obra de Xosé Blanco, ao tempo que avanzan que a programación completa de actividades será presentada proximamente.

A iniciativa busca recuperar e reivindicar o espírito creativo, comprometido e integrador de Isaac Díaz Pardo mediante unha proposta que combinará reflexión, arte, convivencia e cultura popular.

0.11854696273804