Santi González, Iadovi: “Para que isto perdure fai falla xente nova que se implique”

AMariñaXa
Falamos con Santi González, máximos representante do Club de Tiro con Arco Iadovi que conta con varios éxitos no seu club
santi gonzalez iadovi
17 Xuño 2023

Por Ana Somoza López.

Santi González, arqueiro do Club de Tiro con Arco Iadovi.

Dende cando forma parte do club Iadovi?

Formo parte do club desde o verán do 2018. Xa vou para 5 anos.

En que categorías participa?

Participo na modalidade de arco espido, chámanlle así porque ven sendo un arco recurvo do mesmo material pero sen axudas tales como mira, clicker...(apuntamos coa punta da frecha).

Cal é o torneo máis destacado no que participou?

Todos teñen algo especial pero sen dúbida a participación no campionato do mundo formando parte dunha das 3 prazas masculinas que compoñen o equipo nacional foi o que máis, quedando na 19 praza.

Cal é o seu palmarés?

O meu palmarés empezando a nivel galego obtiven 3 campionatos galegos en sala de diana a 18 metros; 2 de 3D (caza animais simulados en monte); 2 de aire libre de 50 metros; 2 de campo con diversas dianas en monte; outro de 3D en sala e algún de liga; outros dous subcampionatos de sala e 3D e algún que outro torneo disputado. A nivel nacional teño un bronce de 3D de sala; dous subcampionatos de España de sala e 3D en monte e 2 ouros en campionatos de España, un en campo e outro de sala. Internacionalmente conseguín un posto 19 no campionato mundial de campo celebrado en Yankton, EEUU; e un 8º posto nun torneo de Copa de Mundo celebrado en Nimes, Francia.

Algunha lembranza especial dalgún campionato?

Todos campionatos teñen algo de especial pero creo que o que máis lembro foi a primeira vez que participaba nun campionato galego e conseguín o bronce, xa que levaba só uns meses tirando e non o cría, foi moi emocionante. Igualmente co primeiro podio nacional e a participación no campionato do mundo o pasado ano do que non me dera tempo nin de soñalo.

0.13435697555542