Sante lánzase á aventura co seu I Descenso de Carrilanas

AMariñaXa
A proba, puntuable para a Copa de Galicia, celebrarase o 24 de maio cun día cheo de velocidade, emoción e unha gran paellada popular
caRRILANAS-Valdovino-2016
19 May 2025

O Concello de Trabada acollerá o vindeiro sábado 24 de maio o I Descenso de Carrilanas de Sante, un evento que promete converterse nunha cita obrigada para os amantes da velocidade sobre rodas sen motor. A organización, a cargo da Asociación de Veciños San Xulián de Sante, xa ten abertas as inscricións —que permanecerán dispoñibles ata o 21 de maio ás 23:59 horas—.

A xornada arrancará ás 11:30 horas coas verificacións técnicas e administrativas e continuará pola tarde cos remontes e os adestramentos oficiais a partir das 16:00 horas. A primeira e a segunda baixada oficiais seguirán consecutivamente, rematando coa entrega de premios prevista para as 20:40 horas.

Ademais da competición, os asistentes poderán gozar dunha gran paella sen glute ás 13:30 horas. O menú inclúe paella mixta, pan, bebida e sobremesa. As entradas xa están á venda cun prezo de 18 euros para socios e participantes e 20 euros para o resto, sendo gratuíta para nenos ata seis anos.

A proba é puntuable para a Copa de Galicia e esixe, no caso dos menores de idade, o envío previo dunha autorización específica ao correo da organización. A cita promete emoción, ambiente festivo e moito deporte popular nas rúas de Sante.

⚙ Configurar cookies
0.16092705726624