Sante estréase no mundo das carrilanas cunha proba oficial en Trabada

AMariñaXa
O 24 de maio, a localidade lucense acollerá por primeira vez unha competición federada deste deporte de inercia
caRRILANAS-Valdovino-2016
12 Mar 2025

A provincia de Lugo segue consolidándose como un referente no deporte de inercia coa incorporación dunha nova proba ao seu calendario oficial. O vindeiro 24 de maio, a localidade de Sante, en Trabada, estrearase como sede dunha competición de carrilanas baixo a normativa da Federación de Deportes de Inercia (FDI), sumándose así ás xa consolidadas citas da provincia.

As carrilanas, consideradas o deporte de inercia máis antigo, consisten en descender portos de montaña en vehículos de tres ou catro rodas sen propulsión, equipados con dirección e freos. A súa orixe remóntase a carreiras tradicionais en festas patronais, pero nos últimos anos evolucionaron ata converterse nunha competición deportiva con gran seguimento. Ademais, este deporte destaca por ser unha canteira de pilotos para disciplinas como o bobsleigh, o skeleton e o luge sobre xeo, debido ás similitudes técnicas que comparten.

A chegada desta nova proba a Trabada reflicte o crecemento do interese por esta disciplina na provincia de Lugo, onde a súa orografía e o entusiasmo do público favorecen o seu desenvolvemento. Con Sante, xa son cinco as competicións oficiais que se disputarán este ano na provincia: Lugo (San Lázaro, 12 de abril), Meira (14 e 15 de xuño), A Pontenova (do 24 ao 27 de xullo) e Riotorto (27 de setembro).

⚙ Configurar cookies
0.14241909980774