San Cibrao acolleu unha marcha nocturna contra o peche de Alcoa
San Cibrao comvertiuse na noite do sábado na capital da loita contra o peche de Alcoa xa que acolleu a marcha nocturna promovida polo comité e que tivo a peculiaridade de contar coa iluminación das luces do casco de miles de traballadores. Unha multitude acompañou aos traballadores entre o parque Reina Sofía ata a praza dos Campos.
Os manifestantes seguiron coreando consignas como queremos traballar e non emigrar ou ministra Maroto, non nos vendas a moto ata que o xornalista, escritor e politólogo Antón Losada foi o encargado de ler un manifesto no que repasou a situación da planta.
Nesta intervención fixo referencia á axuda de 15.000 millóns de euros que ven de Europa alegando que non hai cartos para Alcoa. "Eu dígolle que lles digades ou que lles vou dicir eu: Xa non cola! Xa non cola!".
[video width="400" height="224" mp4="https://xn--amariaxa-h3a.com/wp-content/uploads/2020/06/WhatsApp-Video-2020-06-21-at-15.06.00.mp4"][/video]
Losada explicou que a situación non é un problema de cartas, "é un problema de querer facer, de tomar decisión. E por iso estamos aquí esta noite", comentou.
Este luns hai programada unha nova manifestación en Burela polo futuro da planta.