San Cibrao acollerá a Foliada Nordestía o 12 de abril

San Cibrao será o escenario da Foliada Nordestía, que se celebrará o 12 de abril de 2025, a partir das 12:00 na Praza dos Campos.
A asociación A Rebolaxe prepara un día repleto de actividades para todos os gustos: Cantos de Taberna, obradoiros, concertos e un xantar popular, todo para vivir unha xornada intensa de música e diversión. A programación se prolongará durante todo o día e a noite, garantindo que o ambiente festivo non pare en ningún momento.
As persoas interesadas en participar nos Cantos de Taberna deberán estar atentas ás redes sociais, xa que en breve se abrirá a convocatoria.