San Cibrao acollerá a Foliada Nordestía o 12 de abril

AMariñaXa
O sábado 12 de abril, a partir das 12:00, a Praza dos Campos de San Cibrao encherase de festa
IX-Foliada-Nordestia-Cervo-2025
16 Feb 2025

San Cibrao será o escenario da Foliada Nordestía, que se celebrará o 12 de abril de 2025, a partir das 12:00 na Praza dos Campos.

A asociación A Rebolaxe prepara un día repleto de actividades para todos os gustos: Cantos de Taberna, obradoiros, concertos e un xantar popular, todo para vivir unha xornada intensa de música e diversión. A programación se prolongará durante todo o día e a noite, garantindo que o ambiente festivo non pare en ningún momento.

As persoas interesadas en participar nos Cantos de Taberna deberán estar atentas ás redes sociais, xa que en breve se abrirá a convocatoria.

0.17205500602722