San Adriano, en Lourenza, prepárase para tres días de festa na honra a Santa Filomena

AMariñaXa
A celebración desenvolverase do 4 ao 6 de setembro cun programa que combina gastronomía, actos relixiosos e numerosas actuacións musicais
fogos-artificiais-festas-patronais
Foto recurso
12 Aug 2026

San Adriano, en Lourenzá, volverá vestirse de festa os días 4, 5 e 6 de setembro para celebrar as tradicionais festas na honra a Santa Filomena. A programación prolongarase durante tres xornadas e reunirá propostas gastronómicas, celebracións relixiosas, sesións vermú e verbenas con varias formacións musicais.

O ambiente festivo comezará o venres 4 cunha cita arredor da mesa. A partir das 21.30 horas celebrarase unha gran pulpada e churrascada, servida por Pulpería Suso e Bar A Oficina. A noite continuará coa primeira verbena das festas, que contará coa música das orquestras Principal e Saudade.

A actividade retomarase o sábado 5 ás 13.30 horas coa celebración da misa solemne. Ao remate, a orquestra Magos encargarase de amenizar a sesión vermú, mentres que pola noite regresará ao escenario para compartir a verbena coa orquestra Trébol.

O domingo 6 porá o broche á programación. A xornada arrancará novamente ás 13.30 horas coa misa solemne e continuará cunha sesión vermú na que participará o grupo de baile da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá. Posteriormente será a quenda da orquestra Pontevedra.

Xa pola noite, a música volverá ser protagonista coa última verbena desta edición, na que actuarán a orquestra Pontevedra e o Dúo Épo-K, encargados de despedir tres días de celebración.

A organización contará ademais cunha gran carpa para cubrir o campo da festa, unha medida que permitirá desenvolver as actividades previstas con independencia das condicións meteorolóxicas.

PROGRAMACIÓN

0.13602209091187