San Adriano de Lourenzá organiza de novo a súa tradicional cea baile

AMariñaXa

Un ano máis organizan a parroquia San Adriano de Lourenzá organiza a súa tradicional cea baile.

13 abr 2024

Un ano máis organizan a parroquia San Adriano de Lourenzá organiza a súa tradicional cea baile. A cita, que terá lugar o 27 de abril, comezará ás 21.30 horas cunha cea a base de sopa de marisco, churrasco, sobremesa, bebida e café na Nave de Seco.

Os tíckets teñen un prezo de 25 euros para os adultos e de 15 para os nenos. A verbena, que será de entrada libre, estará amenizada pola orquestra Magos e o Dj Billy. Os interesados poden recoller as tarxetas ata o día 23 de abril en: Xiraldo, Gayoso, Baos, Pipote, Galaxia, Aturuxo, Morrigan ou Torreón.