San Acisclo, en Foz, presenta o programa da súa Festa da Xuventude

Foz
AMariñaXa

A parroquia San Acisclo, en Foz, programa a súa Festa da Xuventude para o vindeiro 26 de abril.

13 abr 2024

A parroquia San Acisclo, en Foz, programa a súa Festa da Xuventude para o vindeiro 26 de abril. A asociación veciñal de Río de Ouro organiza cea popular e verbena no campo da festa, que contará con carpa.

O programa comezará ás 20.00 horas con cea popular a base de churrasco, chourizo, criollos e pan. Os asistentes que queiran gozar do menú deberán pagar 15 euros. Os interesados poden reservar no 662 653 893 e 607 087 447. Pola noite, gozarán das actuacións dos grupos Lume e Montreal que amenizarán a verbena.