Os socialistas de Mondoñedo apoian as reivindicacións dos traballadores da residencia de maiores San Rafael

AMariñaXa
Autorizada a modificación para a ampliación de prazas na residencia da terceira idade de San Rafael, ubicada na rúa Pardo Montenegro.
PSOE mondoneo candidatura 2023
16 sep 2023

Os socialistas de Mondoñedo apoian as reivindicacións das traballadoras do Asilo de Mondoñedo, xa que denuncian que non hai persoal suficiente para atender aos usuarios desta residencia, xestionada pola entidade Edad Dorada-Mensajeros de la Paz.

Nestas datas, e a través do sindicato CCOO, as traballadoras fixeron pública a súa situación laboral na que evidencian que desde o mes de xuño están “baixo mínimos”, e isto provoca unha sobrecarga de traballo. Como exemplo, que teñan traballar en quendas, “nas que unicamente hai dúas xerocultoras para atender 47 residentes, xa que a empresa non cubre as baixas nin as vacacións”.

Os socialistas de Mondoñedo tras contactar coas traballadoras e coñecer de primeira man a súas demandas, “sumámonos as súas reivindicacións, e ao mesmo tempo, poñémonos a sua disposición para iniciar tódalas medidas oportunas para reverter esta caótica e anómala situación”. Hai que ter en conta ademais, que esta Residencia está nun situada nun edificio moi grande con varias plantas, o que dificulta tamén o traballo diario nos seus espazos.

Inspeccións da Xunta

Neste punto, queremos lembrar ademais, que a propia Xunta de Galicia, no mes de febreiro anunciou a ampliación do número de prazas na residencia de Mondoñedo, cun aumento de 35 prazas. Polo tanto, “emprazamos tanto á entidade Edad Dorada-Mensajeros de la Paz, como á Consellaría de Política Social —que ten as funcións de inspección destes centro- a tomar as medidas urxentes e necesarias para poder atender con tódalas garantías aos usuarios deste centro”.

Considera a Xunta de Galicia que esta Residencia está cumprindo os ratios que marca a propia normativa legal vixente para atender aos 47 residentes ?. Que lle parece que o centro non conte co persoal de enfermaría esixido pola normativa aplicable?”, advirten os socialistas.

Ademais, dende o PSdeG de Mondoñedo, “queremos agradecer o compromiso e o esforzo que realizan as traballadoras desta entidade,  asi como tódolos traballadores e traballadoras que desempeñan a sua labor no eido sanitario e no coidado dos nosos maiores na nosa cidade, que son tan importantes nos tempos actuais”, remarcan os socialistas.

0.20488381385803