Rueda visitou aos alcaldables de Cervo e Ribadeo

AMariñaXa
Alfonso Rueda visitou aos alcaldables de Cervo e Ribadeo e reivindica o modelo lingüístico de liberdade e convivencia de Galicia
alfonso rueda visita cervo
alfonso rueda visita cervo
18 may 2023

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, visitou Cervo xunto ao coordinador provincial do PP de Lugo, José Manuel Balseiro. Alí estiveron co alcalde e candidato á reelección, Alfonso Villares, sobre quen amosaronse convencidos de que "volverá ter a confianza maioritaria dos seus veciños este 28 de maio porque coñece mellor que ninguén como funciona o municipalismo e cales son as necesidades dos concellos galegos”.

No Día das Letras Galegas, Alfonso Rueda defendeu o modelo de convivencia lingüística “en harmonía e liberdade” que se dá en Galicia como “o modelo que queren a maioría dos galegos”

Lamentou a “estratexia de insultos, faltas de respecto e descualificacións” que está empregando a oposición e pediu máis sentidiño: “A xente non quere escoitar iso e é moi triste que se teña que recorrer a descualificar ao rival cando non se ten nada que dicir”

“Este é o momento de falar do que se quere facer en cada concello. Onde se goberna, explicar o que xa se fixo e o que se quere seguir facendo. E, onde se aspira a gobernar, facer chegar á xente as nosas propostas”, explicou.

Pola súa banda, o alcalde e candidato á reelección puxo en valor os investimentos realizados e os servizos financiados polo Goberno galego en Cervo: “Grazas a esta axuda, o Concello pode ter unha serie de servizos cubertos e á disposición dos veciños”

Ademais desta “inestimable axuda” por parte da Xunta de Galicia, Alfonso Villares agradeceu tamén a Alfonso Rueda persoalmente “o interese demostrado sempre por todas as cuestións e todas as demandas que lle son trasladadas desde Cervo”

“Nesta campaña ofrecemos o traballo feito ao longo destes anos ao carón dos veciños”, sinalou o rexedor reivindicando a capacidade de escoita do seu goberno: “Levamos anos escoitando e intentando levar adiante de

Así mesmo, Rueda visitou Ribadeo en compañía do candidato do PP á Alcaldía, Dani Vega. O alcaldable tivo así a oportunidade de mostrarlle ao líder dos populares galegos algúns dos puntos máis emblemáticos da vila, como o céntrico parque de San Francisco ou a edificación indiana que acolle o Mercado de Abastos. Dous puntos dun percorrido que transcorreu polas rúas do Bierzo, Rodríguez Murias e Ramón González.

Dani Vega aproveitou a visita para reiterar o seu agradecemento a Alfonso Rueda polo constante apoio do Goberno galego a Ribadeo en materia de investimentos, como os realizados no CEIP Gregorio Sanz ou no novo centro de saúde. Unha actitude que contrapuxo á parálise política provocada polo actual Goberno municipal e que o popular aspira a reverter a partir do 28 de maio ofrecendo aos veciños un goberno serio e solvente.

Pola súa banda, o líder dos populares galegos reivindicou Ribadeo como a carta de presentación de Galicia para todos os que acceden á nosa Comunidade polo norte, apostando por un goberno á altura do que os ribadenses merecen e necesitan e da man dun traballador incansable e con ideas novas como Dani Vega.