Rubén Villaverde imparte un curso de kumite en Ribadeo

AMariñaXa
A Delegación de Deportes do Concello de Ribadeo, en colaboración coa Federación Galega de Karate e o Club Karate Shito-Kai de Asturias e Galicia, organiza a cita
Curso-Kumite-Ribadeo
4 Sep 2024

A Delegación de Deportes do Concello de Ribadeo, en colaboración coa Federación Galega de Karate e o Club Karate Shito-Kai de Asturias e Galicia, organiza un curso de kumite que terá lugar o vindeiro 28 de setembro. O curso será impartido por Rubén Villaverde Canal, destacado campión de karate, quen conta cun impresionante palmarés que inclúe catro títulos de campión de España en categoría individual e outros tantos por equipos.

Villaverde, que tamén foi dez veces campión de Asturias e seis veces campión nacional no estilo Gensei-ryu, trae a Ribadeo a súa ampla experiencia que inclúe ser subcampión de Europa Junior en 1998, terceiro clasificado en 1997 e campión de Europa Cadete en 1995.

A actividade terá lugar no polideportivo de Ribadeo entre as 11:00 e as 13:00 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima a todos os amantes do karate a aproveitar esta oportunidade única de adestrar con un experto na materia, destacando a calidade e o recoñecemento que Villaverde aporta ao evento.

0.11083793640137