Rogelia Mariña, do PSOE de Xove, apela ás “políticas útiles para o concello”

AMariñaXa
Rogelia Mariña, candidata socialista á Alcaldía de Xove. coa presentación desta candidatura “damos un paso cara adiante firme e comprometido"
Xove Rogelia Mariña PSOE mitin
Xove Rogelia Mariña PSOE mitin
24 Maio 2023

A candidata á Alcaldía de Xove polo PSdeG, Rogelia Mariña Pernas, amosouse ilusionada e con forza porque co proxecto que presenta co seu equipo “queremos sacar a Xove da escuridade e do letargo ós que está sometido con novas ideas e proxectos realistas”, afirmou nun mitin que acolleu o Centro Cívico. Un acto político que contou coa presenza do Senador socialista por Lugo, César Mogo Zaro, e do Deputado provincial Pablo Rivera Capón, xunto con alcaldes e alcaldesas, e portavoces socialistas, representantes municipais, responsables orgánicos, e militantes e simpatizantes do partido no concello e na comarca da Mariña.

Rogelia Mariña foi clara ao reivindicar “unhas políticas útiles” para o concello, “porque parece mentira que teñamos aínda casas sen saneamento e sen estar enganchadas á traída municipal da auga, é incrible”.  Incidiu en que resulta “incomprensible” este feito, “porque, se lemos o programa electoral do partido que está no Goberno, vemos como sigue prometendo estes servizos básicos eleccións tras eleccións. Non é de xustiza para os nosos veciños e veciñas”. “Agora vano facer ou vai ser unha promesa baleira unha vez máis tras máis de 8 anos prometéndoo?”, preguntou.

A candidata socialista explicou que se presenta a estas eleccións coa experiencia vital, laboral e sindical que foi atesourando ao longo da vida. “Teño moita experiencia para loitar contra as desigualdades e as inxustizas laborais. Sufrinas en primeira persoa, e agora dou este paso adiante encabezando esta candidatura progresista con moita ilusión e con moitas ganas de impulsar proxectos prioritarios para Xove, como a creación de emprego ou a mellora de servizos asistenciais para a veciñanza”.

“O PP traizoou A Mariña”

Pablo Rivera recalcou que Xove “necesita políticas progresistas e socialistas”. “Hai que aproveitar o enorme potencial que existe neste concello e nesta comarca, e facelo escoitando á xente e resolvendo os seus problemas, cun proxecto pensado para os veciños e veciñas de Xove, centrado nas persoas e nos colectivos sociais que a conforman”, incidiu.

Tanto Rivera, como César Mogo, lembraron ademais o “abandono” do PP con respecto á actividade industrial de Alcoa e a súa “traizón” á Mariña con Altri. “Prometeron moito e non cumpriron nada. Só veñen aquí para meter medo, nunca aportan solucións ós problemas dos mariñáns porque ante o peche de industrias, foron e seguen sendo meros espectadores, cando a Xunta é a que ten as competencias en industria segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia”, aseguraron.

Nese sentido, Mogo puxo en valor o compromiso que amosaron os alcaldes e alcaldesas da comarca, así como os candidatos socialistas coa Mariña: “Están ás duras e ás maduras, sempre poñen riba os intereses da comarca, sexa o Goberno da cor que sexa, porque os do PP, se teñen que elixir entre A Mariña e o PP, elixen o PP”.

O Senador evidenciou que “Rueda veu á Mariña a faltarlle ó respecto ós nosos veciños e veciñas. Non falou de emprego nin de industria, tampouco dos salarios, nin das pensións, só veu traer mentiras e confrontación: nin ideas, nin proxecto, só falsidades”.

0.17993998527527