Riotorto organiza unha excursión a Gijón e Oviedo o 12 e 13 de decembro

TerraChaXa | AMariñaXa
O prezo da excursión é de 150 euros por persoa e inclúe todos os servizos previstos no programa
Museo-do-Pobo-asturias-Xixon
2 Nov 2026

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Gijón e Oviedo para os días 12 e 13 de decembro, unha proposta que permitirá aos participantes coñecer algúns dos principais atractivos turísticos e culturais destas dúas cidades asturianas. A saída está prevista para as 7.30 horas desde a gasolineira.

A viaxe comezará o sábado 12 cun almorzo durante o traxecto ata Asturias. A primeira parada será no Museo da Minería e da Industria, situado no Entrego, onde os participantes poderán coñecer máis de preto a historia mineira da comunidade. A continuación, o grupo xantará nun restaurante da zona e, pola tarde, desprazarase a Oviedo para realizar unha visita á capital asturiana.

A xornada rematará cunha cea prevista para as 21.00 horas e o aloxamento no hotel Abba Playa Gijón, un establecemento de catro estrelas situado na localidade.

O domingo 13, tras almorzar no hotel, os excursionistas visitarán Gijón e xantarán nun restaurante local. Pola tarde, o programa inclúe unha visita á Universidade Laboral, un dos edificios máis emblemáticos da cidade. O regreso a Riotorto completarase cunha cea nun restaurante durante o traxecto de volta.

O prezo da excursión é de 150 euros por persoa e inclúe todos os servizos previstos no programa. As prazas están limitadas a un máximo de 50 participantes e terán preferencia as persoas usuarias dos centros veciñais.

As persoas interesadas en participar deberán formalizar a inscrición antes do 30 de novembro, contactando cos monitores dos centros veciñais ou acudindo directamente ao Concello de Riotorto.

0.15521812438965