Riotorto celebrará as súas festas na honra a San Cristóbal

A localidade de Riotorto vivirá as súas grandes Festas na Honra a San Cristóbal os vindeiros días 10 e 11 de xullo cunha programación do máis variada.
As celebracións arrincarán o venres 10 de xullo ás 19.00 horas coa tradicional misa na honra do patrón, que dará paso ás 22.00 horas a unha cea popular no polideportivo municipal, servida polo Catering Rodil. Para asistir a este xantar, os interesados poden reservar os seus tíckets a través dos teléfonos de Manolo (609 894 613), Cosme (679 974 661), Muso (653 243 347) e Jano (650 687 738), ou adquirilos directamente nos bares da localidade e na gasolineira.
A primeira xornada festiva completarase cunha gran verbena, que contará coas actuacións de SP The Sound Project e a recoñecida orquestra La Fórmula no marco do seu concerto Xira 2026: La Fórmula Secreta.
O sábado 11 de xullo a actividade continuará desde o mediodía cunha misa ás 12.00 horas, seguida da procesión e un pasarrúas animado pola Charanga Bamboleo, unha actuación enmarcada dentro do programa Tradigalu da Deputación de Lugo.
Posteriormente, a Praza das Rodrigas acollerá o tradicional acto de Bendición de Vehículos, dando paso á sesión vermú que estará amenizada pola música do dúo Belinda.
O broche de ouro a estas festas patronais poñerase pola noite cunha última verbena na que as formacións Galilea e La Hora Bruja farán bailar aos asistentes na mesma explanada, nun evento que conta coa colaboración do Concello de Riotorto e o apoio das empresas e veciños colaboradores.