Riotorto celebra o San Cristóbal esta fin de semana
TerraChaXa | AMariñaXa
Contará o sábado coa orquestra Panorama na verbena
Orquestra Panorama
1 Jul 2024
As celebracións por San Cristóbal terán lugar a fin de semana próxima, comezando o venres 5 cunha cea popular no pavillón polideportivo a partir das 23.00 horas, que estará amenizada polo DJ Pedro Brmudz. Tamén estarán nesta sesión nocturna Panorama.
O sábado comezarán os actos coa misa solemne, ás 13.30 horas, á que seguirá a tradicional bendición de vehículos na praza das Rodrigas, ademais dun pasarrúas coa charanga Eravisto. Pola noite terá lugar a verbena co dúo Belinda.
Pecharán as celebracións coa verbena, na que serán protagonistas de novo o dúo Belinda e tamén a orquestra Principal.