Riotorto acollerá a próxima fin de semana a segunda proba de trail

TerraChaXa | AMariñaXa
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados das carreiras en veteranos e en sénior
trail-e-andaina-os-muinos-riotorto-portada
Cartel do evento
18 May 2024

A localidade de Riotorto repetirá a ruta de trail que estreou o ano pasado e farano neste mes de maio. Co nome de II Trail Ruta dos Muíños celebrarase os días 25 e 26 de maio con tres probas diferenciadas.

Por unha banda, o sábado terá lugar unha andaina de 14 quilómetros, que arrancará ás 16.00 horas da praza das Rodrigas, onde tamén estará a meta. Esta andaina non terá fin competitivo pero será necesaria a inscrición. Ao rematar a andaina, no campo municipal da Veiga, os participantes disporán de duchas e serán convidados a aperitivos e bebida durante a celebración da Caca da vaca.

O domingo terá lugar ás dúas probas deportivas. Ás 9.30 horas sairá a proba de trail longo, de 27 quilómetros, nas categorías masculino e feminino a partir de 18 anos. Media hora despois sairá a proba máis curta, tamén para homes e mulleres a partir da maioría de idade e de 17 quilómetros.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados das carreiras en veteranos e en sénior e haberá un premio especial para a persoa máis lonxeva que participe.

A inscrición debe realizarse a través da páxina galitiming e ten un custe agora de 21 euros para a andaina, 23 para o trail curto e 25 para o longo. Os participantes disporán de avituallamento de líquidos e no caso das carreiras tamén de sólido.

Está organizada pola Asociación de Veciños da Ferreira e o Concello de Riotorto.

trail-e-andaina-os-muinos-riotorto
0.16584587097168