Riotorto acolle o sábado a cuarta Baixada de Carrilanas

O próximo sábado, 27 de setembro, terá lugar a cuarta baixada das carrilanas en Riotorto, debido ao éxito das edicións precedentes.
A actividade está organizada pola Asociación de Carrilanas os Meiregos, un club formado por veciños e amigos de Meira e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudar aos negocios.
A proba acollerá o Campionato de España, ademais de ser puntuable para as Copas Galicia e España. Contará cun novo trazado que se desenvolverá desde Espasande de Arriba ata a piscina.
O horario do evento comezará ás 11.00 horas coas verificación técnicas e administrativas, de 13.00 a 14.00 horas haberá un pincheo. Ás 15.00 horas comezará o remonte de participantes á liña de saída, despois do briefing de pilotos, para comezar cos adestramentos oficiais.
A continuación serán as baixadas oficiais, dúas, que se desenvolverán ata as 19.00 horas.
Recibirán premio os tres mellores de cada categorías e Scartch General. O día 4 será o último día para inscribirse na proba, que contará con pavillón para acampada, servizo de baños e duchas desde o venres ao domingo.