Ribadeo segue coas actividades para promover os auto coidados das mulleres
A Concellaría de Igualdade prosigue realizando actividades para promover os auto coidados das mulleres despois dun ano tan duro e complexo. Desde a vindeira semana ata finais de xuño haberá pilates e ximnasia de mantemento na praia dos Bloques en horarios de mañá e de tarde.
A edil Mariluz Álvarez Lastra explicou que “tras finalizar o programa Vou quererme no Espazo de auto coidados queremos tamén prestar un pouco de atención ao corpo, ao benestar físico, que tamén vai parello do emocional. E agora co bo tempo parécenos que é o momento para facer exercicio ao aire libre e así poder garantir as condicións de seguridade que nos esixe a situación actual”.
A concelleira de Igualdade subliñou que “se ofertarán dous cursos intensivos que comezarán a vindeira semana e estenderanse ata a última semana de xuño. Poderase elixir entre pilates e ximnasia de mantemento en horario de mañá ou de tarde. As actividades desenvolveranse na praia dos Bloques e serán impartidas por Sabela Mourelle. Os grupos serán de 6 persoas máis a monitora e usarase a máscara en todo momento, tal e como marcan as restricións actuais”.
Os horarios son os seguintes: polas mañás de 10 a 11 haberá pilates e de 11 a 12 ximnasia de mantemento e polas tardes de 18:30 a 19:30 ximnasia de mantemento e de 19:30 a 20:30 haberá pilates.
Álvarez Lastra engadiu que “as mulleres interesadas en asistir a estas actividades poden inscribirse chamando ao teléfono 982 120 739 ou ben escribindo un correo a cim@ribadeo.org deixando os vosos datos e número de teléfono para poñernos en contacto con vós”