Ribadeo regulariza as taxas da escola de música e danza

AMariñaXa
O pleno da corporación de Ribadeo  aprobou por unanimidade a regularización das taxas da Escola Municipal de Música e Danza
Escola-Musica-Ribadeo
Escola de música de Ribadeo
15 Maio 2024

O pleno da corporación de Ribadeo  aprobou por unanimidade a regularización das taxas da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD). A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “cando se incorporou a especialidade de danza á oferta da Escola Municipal de Música fíxose como unha experiencia piloto, cun prezo reducido para ver a demanda que había”.

Pasado un tempo prudencial, por petición do profesorado da escola, “agora equipáranse os prezos de todas as disciplinas, para evitar unha discriminación do resto do alumnado da escola. É xusto que a danza teña a mesma categoría que calquera instrumento”.

Begoña Sanjurjo anunciou tamén que “o calendario da EMMeD de Ribadeo do curso vindeiro coincidirá co calendario escolar, comezando o 11 de setembro deste ano e rematando o 20 de xuño do 2025. Esta equiparación cos centros escolares beneficia á conciliación das familias”.

0.18553900718689