Ribadeo recoñece a 24 deportistas locais polos seus éxitos ao longo de 2025

AMariñaXa
O Concello rende homenaxe ás rapazas e rapaces que levaron o nome da vila aos podios en diferentes disciplinas deportivas
ribadeo-recepcion-Deportes-locais-2025-26
17 Jan 2026

O Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo foi escenario dun acto de recoñecemento a 24 deportistas locais polos logros acadados ao longo do ano 2025. A recepción institucional puxo o foco no esforzo, a constancia e o talento das rapazas e rapaces que destacaron en distintas modalidades, converténdose en referentes do deporte ribadense.

Os deportistas homenaxeados abranguen unha ampla variedade de disciplinas. En atletismo foron recoñecidos Paula Conde Carrelo e Pedro Moirón Soto; en hockey liña, Xoel Nonide García; e en piragüismo, Mateo López Condorí, Manuela Lastra Castillo, Elena Justo Carballeira, Elena González Rico, Carlota López Lorido e Martín Feijoo Iglesias. O remo foi a modalidade con maior representación, con Carlota Peña Vior, Antón Balsa Val, Irene García Valle, Sara Rodríguez Álvarez, Zhanna Nelida, Mateo Monteserín González, Paloma Monteserín González, Sebastián Pérez González, Adriana García Martínez, Ariadna Millet Bouza, Conrado Lara Calonge, Alejandro Barreira López e Valeria Álvarez Fojo. A listaxe complétase con Héctor Peña Díaz en tai-chi e Iván Lindín Rodil en tiro olímpico.

Durante o acto, no que participaron o alcalde, Dani Vega, e o técnico municipal de Deportes, Iván López, os deportistas recibiron tamén un apoio económico grazas á colaboración da empresa Reny Picot, que achegou máis de 5.000 euros para contribuír ao desenvolvemento das súas carreiras deportivas. Desde o Concello trasladóuselles unha mensaxe de felicitación e ánimo para continuar adestrando e superándose, destacando que “o nome de Ribadeo subiu aos podios moitas veces en 2025 grazas a vós, e iso é motivo de orgullo para toda a vila”.

⚙ Configurar cookies
0.078969955444336