Ribadeo recibe a visita de máis de 30 persoas da cidade francesa de Loktudi

AMariñaXa
Ribadeo recibe a un grupo de Loktudi cun programa de actividades que inclúe visitas culturais e eventos oficiais durante a súa estancia
Imaxe da vila francesa de Loktudi
11 sep 2024

Na tarde de onte, mércores 11 de setembro, chegou a Ribadeo un grupo de máis de 30 persoas de Loktudi, a vila bretoa irmandada con Ribadeo desde 2006. O grupo, integrado pola Asociación de Irmandade Ribadeo-Loctudy, aloxarase con familias de Ribadeo coas que participa nos intercambios anuais.

Durante a súa estancia, os visitantes gozarán de diversas actividades, entre as que se inclúen visitas para coñecer Ribadeo, tanto a zona urbana como a rural, así como excursións á contorna dos Ozcos-Grandas e a Santiago de Compostela.

O sábado 14 de setembro celebrarase un programa de actos oficiais ao que se invita á cidadanía. Ás 12.00 horas terá lugar a inauguración do Miradoiro de Loctudy-Loktudi, situado preto do Cargadoiro. Esa mesma xornada, ás 18.30 horas, no Cantón, ofrecerase unha actuación de música e danza tradicional, seguida ás 19.00 horas dunha recepción oficial no Concello. Estes actos contarán coa participación do Alcalde de Ribadeo e da Tenente de Alcalde de Loctudy, así como das representacións das asociacións de ambas localidades.

0.1504590511322