Ribadeo programa máis de trinta actividades culturais no primeiro trimestre de 2026

AMariñaXa
Teatro, música, maxia, literatura e propostas familiares conforman unha axenda diversa presentada polo Concello
Ribadeo-Begoña-Sanjurjo
Actualizada el 29 enero 2026, 17:51 horas
28 Jan 2026

A Axenda Cultural de Ribadeo para os meses de febreiro e marzo ofrece unha ampla variedade de propostas que abranguen desde a tradición do Entroido ata o teatro, a música, a maxia e a literatura, con actividades repartidas por distintos espazos do municipio.

O mes de febreiro arrinca o día 6, ás 20.30 horas, no Salón de actos da Casa do Mar, coa conferencia “Gaza. Un xenocidio televisado”, a cargo de Mohamed Safa. Dous días despois, o 8 de febreiro, o Auditorio Municipal Hernán Naval acollerá a representación teatral “De algo hai que morrer”, ás 20.00 horas.

A programación continúa o 13 de febreiro, ás 17.30 horas, na Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho”, cunha actividade infantil de narración oral titulada “Mestras de conto”, con prazas limitadas e inscrición previa. O 17 de febreiro celebrarase o Entroido, mentres que o 20 de febreiro, ás 20.30 horas, o Auditorio Hernán Naval será escenario do espectáculo “Mago Marcos Waldemar”. A festa do Entroido despedirase o 21 de febreiro coa tradicional Queima do Entroido.

Xa cara ao final do mes, o 27 de febreiro, ás 20.00 horas, a Biblioteca “El Viejo Pancho” acollerá a presentación do libro “Andares”, de Luis Celeiro. O propio 28 de febreiro haberá dúas citas destacadas: ao mediodía celebrarase un xantar de confraternización conmemorativo do Día de Rosalía, con caldo de gloria, organizado pola AC Francisco Lanza, e pola noite, ás 22.00 horas, o Galineiro Vendaval acollerá o concerto de Skontra e Bestas.

No mes de marzo, a actividade cultural continúa o 6 de marzo, ás 17.30 horas, na Biblioteca “El Viejo Pancho”, cunha presentación infantil e contacontos titulada “El corazón sensible”, de Yolanda Penas Varela. Ese mesmo día, ás 20.30 horas, terá lugar a presentación do libro “Conventículo”, de Eva Moreda, tamén na biblioteca, coa participación do crítico literario Xavi Gómez.

O 8 de marzo, Ribadeo conmemorará o Día Internacional da Muller cun acto institucional no Auditorio Municipal, ás 8.00 horas, seguido do Manual de patronaxe, ás 20.00 horas. O 10 de marzo, a maxia chegará ao Auditorio Hernán Naval cos talleres de maxia co Mago Nacho, mentres que o 15 de marzo, ás 17.00 horas, representarase o espectáculo “Facendo o indio”.

A programación musical retómase o 21 de marzo, ás 20.30 horas, no Auditorio Hernán Naval, coa actuación de Carlos Blanco, e o 28 de marzo, ás 20.45 horas, coa Coral Polifónica de Ribadeo na Igrexa Parroquial. Ese mesmo día, ás 22.00 horas, o Galineiro Vendaval acollerá o concerto de Lolita de Bandas. A axenda complétase coa exposición de Carlos Prieto, que poderá visitarse na Oficina de Turismo do 30 de marzo ao 3 de abril.

⚙ Configurar cookies
0.079345941543579