Ribadeo prepárase para a Romaxe das Cruces, Festa de Interese Turístico Galego, os días 23 e 24 de maio en Arante

AMariñaXa
O Santuario de Nosa Señora das Virtudes de A Ponte acollerá unha intensa programación con pregón, música tradicional, procesións, gastronomía e espectáculos escénicos
cartel-as-cruces-arante-5-5-2023
20 May 2026

O municipio de Ribadeo ultíma os preparativos para celebrar unha nova edición da Romaxe das Cruces, unha cita xa consolidada como Festa de Interese Turístico Galego, que terá lugar os días 23 e 24 de maio no Santuario de Nosa Señora das Virtudes de A Ponte, na parroquia de Arante.

A programación dará comezo o sábado 23 de maio ás 19:00 horas coa apertura da exposición titulada “Un segredo por descubrir”, unha proposta cultural que servirá de antesala aos actos festivos. Xa ás 20:00 horas celebrarase a lectura do pregón, que nesta ocasión correrá a cargo de Carmen Rodríguez Cancelo. A xornada pecharase coa música tradicional, da man do concerto de As Zanfoneiras de Narón, que poñerán o toque musical á primeira noite da celebración.

O domingo 24 concentrará os actos principais da romaría. A partir das 12:00 horas terán lugar a Bendición dos Campos, a procesión e o emblemático Bandeo do Pendón, xunto coa Reverencia das Cruces, nun dos momentos máis simbólicos da festa. Estas celebracións estarán acompañadas pola música do Cuarteto Illa Pancha e, a continuación, pola Misa Solemne.

Ás 14:00 horas está prevista a Sesión Vermú a cargo da orquestra Dinastía, antes de dar paso, ás 15:00 horas, á VI Comida da Romaxe das Cruces, servida pola Pulpería Suso. O prezo será de 35 euros, mentres que os menores de 10 anos poderán asistir de balde.

Xa pola tarde, ás 18:00 horas, chegará un dos momentos máis agardados coa representación da Batalla a cargo de Queiman e Pousa, coa colaboración do Aula de Teatro de Ribadeo e de Luis Iglesia Besteiro. A continuación, volverá a actuar a orquestra Dinastía.

A xornada continuará ás 20:00 horas coa actuación estelar de Roi Casal e rematará coa verbena final, de novo coa orquestra Dinastía, poñendo o broche de ouro a unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo da comarca.

PROGRAMA

0.12513399124146