Ribadeo instala un ascensor e unha rampla lateral na Escola de Música

AMariñaXa
Elimina así barreiras arquitectónicas e mellora a accesibilidade dun edificio con moita actividade
Escola-Musica-Ribadeo
30 Out 2024

Ribadeo elimina as barreiras arquitectónicas da Escola de Música coa instalación dun ascensor. O investimento ascende a 40.000 euros, financiados na súa totalidade pola Xunta. O alcalde, Dani Vega, subliña a inversión realizada neste inmoble ao que se destinaron 45.000 euros para a renovación de ventás.

O rexedor declarou: “Seguimos traballando para eliminar barreiras arquitectónicas dos  edificios municipais. Neste caso estamos mellorando a accesibilidade da Escola de Música, concretamente na rampla lateral e tamén colocando e instalando un ascensor. É un paso moi importante dado que a Escola de Música ten moitos alumnos e hai moita actividade”.

Vega subliñou: “Tiñamos que apostar decididamente por instalar un ascensor, de faceres a inversión e ter a capacidade de xestionalo para non ter que poñer recursos propios. Neste caso, a Xunta fináncianos con 40.000 euros, é dicir a obra 100 %, e tamén recordar que nesta escola fíxose un traballo de renovación das ventás, é dicir do peche desta escola, que tamén supuxo moito”.

O alcalde asegurou que aínda queda moito por facer: “A Escola de Música necesita máis  inversión, vamos ter que xestionar máis partidas presupostarías para seguir mellorando e renovando todas as ventás, todo o peche, pero é un salto importante, un salto cualitativo xa que dunha vez por todas, estamos a falar de eliminación de barreiras arquitectónicas dos edificios municipais. E na Escola de Música era moi importante que se dera paso”.

Dani Vega engadiu: “Polo tanto, unha nova inversión, un novo convenio firmado coa Xunta de Galicia, e neste caso unha nova subvención, unha inversión total de 85.000euros, estamos a falar que se investiron na Escola de Música”.

0.26682901382446