Ribadeo homenaxea aos seus deportistas locais

AMariñaXa
Entre os homenaxeados destacaron atletas como Paula Conde Carrelo, Brais García González e Pablo Fernández Díaz
-recepcion-deportistas-Ribadeo
30 Ago 2024

O salón dos alcaldes de Ribadeo acolleu unha recepción en honra dos deportistas locais que acadaron medallas ou foron finalistas nos Campionatos Nacionais deste ano. No evento participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, Javier Suárez en representación da empresa Reny Picot, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.

Entre os homenaxeados destacaron atletas como Paula Conde Carrelo, Brais García González e Pablo Fernández Díaz; piragüistas como Manuela Lastra Castillo, Elena Justo Carballeira e Judith Fraiz Carreira; e un grupo de remeiros formado por Carlota Peña Vior, Irene García Valle, Antón Balsa Val, Irene Martínez López, Mateo Monteserín González, Conrado Lara Calonge, Paloma Monteserín González, Adriana García Martínez, Izan Alonso Fernández, Sara Rodríguez Álvarez, Pelayo Fernández Ron e Daniel Rivas Oural.

Dani Vega destacou a "dedicación, disciplina e constancia" dos deportistas, lembrándolles que son "embaixadores de Ribadeo" en cada competición. O alcalde tamén agradeceu o apoio de Reny Picot, que contribuíu con agasallos aos deportistas, entregando cheques de 150 euros aos campións, 100 euros aos subcampións, 60 euros aos terceiros clasificados e 30 euros aos finalistas. Vega aproveitou a ocasión para recoñecer o traballo realizado polo concelleiro Francisco José Silvent e o técnico de Deportes Iván López ao longo do ano, resaltando a importancia do seu labor no desenvolvemento do deporte local.

0.1936891078949