Ribadeo estrea unha sala de cross na piscina municipal

AMariñaXa
Ribadeo estrea unha sala de cross na piscina municipal.
MANCUERNAS XIMNASIA POLIDEPORTIVO XIMNASIO
19 sep 2023

Ribadeo estrea unha sala de cross na piscina municipal. Conta cunha superficie de 140 metros cadrados e está destinada a adestramentos de alta intensidade.

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “Ribadeo mellora as instalacións da piscina municipal. Vai contar cunha nova sala de cross de 140 metros cadrados  para adestramentos de alta intensidade. Iso o que demostra é que a colaboración coa empresa que está a xestionar a piscina municipal é total e absoluta. Quero agradecer o seu traballo, a súa dedicación e a súa profesionalidade”.

Para o rexedor “investir en deporte é investir en saúde e desde o Concello valoramos positivamente a inversión que fai esta empresa de máis de 216.000 euros  neses 140 metros cadrados que van estar dedicados ó deporte”.

Vega aposta pola colaboración permanente entre Concello e BeOne, empresa concesionaria da piscina municipal: “nesa colaboración permanente imos seguir e valoramos todo o traballo que fan, tamén felicitamos á dirección, ao seu CEO, Roberto Ramos. E animamos a todos os ribadenses a que vaian á nosa piscina municipal e practiquen deporte, porque están investindo na súa saúde”.

0.1444079875946