Ribadeo de Tapeo chegou ao Centro de Atención a Persoas Maiores

AMariñaXa
As usuarias e usuarios da residencia degustaron as tapas gañadoras da décimo oitava edición da cita
tapeo_ribadeo_residencia
Os usuarios do centro na cita
24 Maio 2024

O concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo chegou ao Centro de Atención a Persoas Maiores. As usuarias e usuarios da residencia degustaron as tapas gañadoras da décimo oitava edición da cita, que foron as de Parador de Turismo, Ramonita, El Oviedo, Marinero e Kalpa Amodiño.

A degustación tivo lugar na residencia, ata onde se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz. “Consideramos importante que os nosos maiores tamén poidan gozar das exquisiteces da gastronomía local que prepararon para o Ribadeo de Tapeo estes establecementos hostaleiros”, asegurou Saiz.

Ademais, agradeceu a colaboración dos gañadores do Ribadeo de Tapeo “para poder estar hoxe a carón dos usuarios e usuarias da residencia así como á dirección e ás traballadoras do centro pola súa implicación para que esta xornada fose diferente e especial”. As Concellerías de Benestar Social e Turismo foron as organizadoras desta cita.

0.082288026809692