Ribadeo convértese no epicentro do fútbol sala Ribadeo abre as portas ao Kung Fu cunha xornada de iniciación e exhibición de Tai Chi

AMariñaXa
A actividade terá lugar o 26 de abril no pavillón da rúa Alfredo Deaño e contará coa presenza do mestre Héctor Peña Díaz
xornada-tai-chi-Ribadeo-2025
24 Apr 2025

O vindeiro sábado 26 de abril, Ribadeo converterase en escenario dunha xornada de portas abertas de Kung Fu, organizada coa colaboración da Federación Galega de Kárate, a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo, entre outras entidades. O evento celebrarase no pavillón da rúa Alfredo Deaño, de 10:30 a 13:30 horas.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que a sesión será dirixida por Héctor Peña Díaz, mestre con 3º duan en Kung Fu – Taijiquan e en Kung Fu – Qi Gong, recoñecido pola RFEK e DA. Durante a actividade abordarase un programa adaptado tanto para principiantes como para persoas con experiencia previa na disciplina.

O temario incluirá exercicios de Chi Kung para o acondicionamento xeral, movementos básicos para os que se inician e a práctica da forma de pau de cella do estilo Chen de Tai Chi para os máis avanzados. Ademais, de 13:00 a 13:30 horas, haberá unha exhibición de Tai Chi, aberta ao público asistente.

Silvent anima a todas as persoas interesadas en coñecer ou profundar nesta arte marcial a participar na cita: “É unha boa oportunidade para achegarse a unha disciplina que combina exercicio físico, concentración e benestar”. Para máis información, os asistentes poden contactar no teléfono 644 03 68 62.

⚙ Configurar cookies
0.17021894454956