Ribadeo convértese na capital do bádminton escolar coa celebración do campionato provincial

AMariñaXa
Máis de cen participantes daranse cita o 10 de maio no pavillón da Avenida de Luarca
Badminton-raquetas
6 May 2025

Ribadeo acollerá este sábado, 10 de maio, unha nova edición do Campionato Provincial Escolar de Bádminton, un evento que reunirá a 120 rapaces e rapazas chegados de distintos puntos da provincia de Lugo. A competición desenvolverase no pavillón da Avenida de Luarca a partir das 16:00 horas e está promovida pola Concellería de Deportes e Mocidade, o club A Mariña Bádminton e a Xunta de Galicia.

A cita contará coa participación de entidades como o Club Monstruíños Lugo, ED Pastoriza, EDM Meira, ACD Xove, Viveiro, CPI de Friol, ED Chantada, ED Taboada, ED Portomarín e ED Paradela.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, destacou que "unha vez máis Ribadeo convértese nun punto de encontro do deporte base na provincia, ofrecendo non só unhas instalacións axeitadas senón tamén unha vila aberta e chea de recursos culturais e turísticos para acoller ás familias que nos visitan".

⚙ Configurar cookies
0.16764283180237