Ribadeo convértese en referente do baloncesto xuvenil cun Campus de Tecnificación do 23 ao 28 de xuño

AMariñaXa
Adestradores e xogadores profesionais compartirán experiencias e coñecementos con rapazada de entre 6 e 18 anos
Imaxe recurso de baloncesto
3 Jun 2025

O deporte da canastra terá un protagonismo especial en Ribadeo do 23 ao 28 de xuño coa celebración dun Campus de Tecnificación de Baloncesto dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos. Trátase dunha actividade que está a espertar moito interese, como o demostran as máis de 40 inscricións rexistradas ata o momento.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, salientou que se trata dunha iniciativa pensada para potenciar o talento deportivo da mocidade: “Este campus ofrece unha oportunidade única para que a rapazada poida adestrar con profesionais de primeiro nivel. Terán contacto directo con técnicos e xogadores da Liga Feminina, da LEB Ouro e mesmo da EBA”. Entre os nomes que participarán destacan figuras como Javi Menéndez, Opong Bramble, Manu Ruano, Gonçalo Morais, Jorge Arias ou Carlota López.

Silvent lembrou que Ribadeo ten unha longa tradición ligada ao baloncesto: “Aquí respírase baloncesto durante todo o ano. Esta vila sempre amosou unha gran paixón por este deporte e este campus vén reforzar ese vínculo, ofrecendo ás nosas mozas e mozos unha experiencia formativa e deportiva de gran calidade”.

O Campus de Tecnificación combina adestramentos específicos, talleres e actividades para mellorar tanto o rendemento individual como o traballo en equipo, todo nun ambiente dinámico e motivador.

⚙ Configurar cookies
0.13187718391418