Ribadeo contará cunha gran superficie multideporte
O goberno municipal proxecta a construción dunha gran superficie multideporte e de lecer para a mocidade. Estará situada na mazá interior entre a avenida de Galiza, a rúa Pintor Fierros e a rúa Daniel Cortezón. O investimento ascenderá a 400.000 euros, dos que a Área de Deportes da Deputación de Lugo aportará 340.000 e o resto serán fondos do Concello.
Esta pista multideporte será para fútbol, baloncesto e voleibol, outra pista de skate e máis un circuíto de calistenia. E todo isto complementado con dotacións para estar sentados, de tertulia, rodeados de árbores, con iluminación, etc.
Aa filosofía desta instalación, ao aire libre, resulta especialmente acaída para estes tempos de postpandemia e moi atractiva para a mocidade, ademais de que Ribadeo é un Concello moi dinámico con clubs e deportistas de moi diferentes disciplinas.