Ribadeo conta con aparcadoiros rápidos situados a carón das farmacias

AMariñaXa
Teñen un tempo de 15 minutos como máximo co fin de garantir a seguridade
161224-Foto-aparcadoiro-farmacias-Ribadeo
16 Dec 2024

O Concello de Ribadeo pon en marcha aparcadoiros rápidos situados a carón das farmacias, sendo un dos primeiros concellos da provincia en levar a cabo esta iniciativa. O alcalde, Dani Vega, afirmou que “é unha proposta conxunta. Escoitamos ás farmacias da vila, tamén o Colexio Oficial de Farmacéuticos, polo tanto é responder a unha proposta que nos fixeron e así entre todos buscar unha solución”.

O rexedor detallou: “Os aparcadoiros rápidos, que teñen un tempo de 15 minutos como máximo, queren dar unha resposta a unha problemática que estabamos observando que moitas persoas aparcaban o carón das farmacias e non se garantía a seguridade. Entón para que non haxa ningún tipo de atropelo, para que non se obstaculice o tráfico, cremos que estas paradas por un tempo máximo de 15 minutos podes baixarte, recoller o que teñas que recoller na farmacia ou tamén ir as clínicas veterinarias ou ás podolóxicas, que o teñen que solicitar aquí no Concello, pois tamén garantimos esa tranquilidade, esa seguridade á hora de aparcar ao carón tamén dunha clínica veterinaria ou podolóxica ou nas farmacias”.

Vega engadiu que “a seguridade, que é moi importante, non obstaculizar o tráfico, é dicir aparcar mal, e iso ocasiona distintas problemáticas, e polo tanto buscamos unha solución. Con estes aparcadoiros exprés creo que estamos dando unha resposta a unha petición, a unha reclamación, que entre todos a estamos poñendo. Agradecer ao Colexio Oficial de Farmacéuticos a súa colaboración, as clínicas tamén de Ribadeo e as farmacias por sempre colaborar e entender que para buscar unha solución é mellor que parta do propio sector co Concello e así conxuntamente dar solucións a distintos problemas que se nos poñen todos os días por diante”.

Para o alcalde, esta é “unha boa noticia. O Concello é o primeiro de toda a provincia en dar unha resposta. Por lo tanto, hai que sentirse orgullosos de que traballemos así conxuntamente para que Ribadeo avance”. Ata o momento, habilitáronse 7 aparcadoiros exprés.

O presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, Alejandro Sánchez, visitou Ribadeo, onde mantivo un encontro co alcalde e percorreu algúns dos aparcadoiros exprés.

Sánchez destacou que “o Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo recibiu con satisfacción a noticia da posta en marcha de prazas de estacionamento rápido nas inmediacións das oficinas de farmacia de Ribadeo, destinadas a garantir o acceso aos establecementos sanitarios para a atención ás persoas usuarias. Este tipo de iniciativas foi cobrando forza noutras cidades ou zonas onde o tráfico e a falta de aparcamento axeitado son problemas comúns, por iso desde o Colexio valoramos como beneficios principais dos aparcamentos exprés, os seguintes: a accesibilidade, a axilidade e o desconxestionamento das áreas circundantes”.

 

 

0.17304420471191