Ribadeo celebrará o San Roque o 15 e 16 de agosto

AMariñaXa
O luns, 15 de agosto, celébrase en Ribadeo a Festa de San Roque, unha cita que comezará ás 21.00 horas cunha mexillonada popular.
festas san roque ribadeo 2022 1
festas san roque ribadeo 2022 1
12 Ago 2022

O luns, 15 de agosto, celébrase en Ribadeo a Festa de San Roque, unha cita que comezará ás 21.00 horas cunha mexillonada popular.

Ao día seguinte, martes 16, sairán os Cocos e os Cabezudos dende a oficina de turismo acompañados do grupo de gaitas tradicional Illa Pancha.

Ás 12.00 hora será a misa solemne na capela de San Roque, a continuación haberá procesión e despois concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Acto seguido será a sesión vermú co grupo Fénix.

Pola tarde haberá xogos populares e obradoiro de Cocos, que serán o preludio para o concerto ás 19.30 horas de Río&Daiv e Amoebo.

E xa pola noite a partires das 22.00 horas terá lugar a festa verbena na honra de San Roque, que estará amenizada pola orquestra Fénix, Litainer e a discoteca móbil Blanco y Negro. 

A cita está organizada pola asociación cultural San María do Campo e San Roque, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021.

E xa pola noite a partires das dez terá lugar a festa verbena na honra de San Roque, que estará amenizada pola orquestra Fénix e a discoteca móbil Blanco y Negro. 

Desde a comisión organizadora pola Comisión de Festas Ribadeo.

festas san roque ribadeo 2022
0.18735003471375