Ribadeo calienta motores para la XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais con un recorrido renovado

AMariñaXa
A proba celebrarase o 13 de setembro e abrirá inscricións o día 16 de abril; as obras na rúa Buenos Aires obrigan a modificar os primeiros tramos da carreira
XI-MEDIA-MARAToN-RIBADEO-AS-CATEDRAIS-2025
8 Apr 2025

Ribadeo xa ten data para unha das súas citas deportivas máis esperadas: a XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais disputarase o vindeiro 13 de setembro cun trazado renovado debido ás obras na rúa Buenos Aires. A apertura de inscricións será o martes 16 de abril, a partir das 10:00 horas, a través das canles habituais.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, foi o encargado de presentar esta nova edición da proba, que cada ano reúne a centos de afeccionados ao atletismo chegados de distintos puntos. “Este ano vémonos obrigados a introducir cambios nos dous primeiros quilómetros debido ás intervencións que se van acometer na rúa Buenos Aires”, explicou Silvent. A saída trasladarase ao Parque de San Francisco, desde onde os corredores pasarán por Villafranca del Bierzo, Rodríguez Murias, San Roque, Virgen del Camino, Avenida de Galicia, José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Asturias e estrada ata Vilavella, para continuar despois polo percorrido tradicional que conduce ata a emblemática praia das Catedrais.

O edil destacou o impacto positivo que a media maratón ten na vila, tanto no ámbito deportivo como económico: “O ano pasado participaron máis de 660 atletas e este ano queremos superar esa cifra. Moitos deles veñen acompañados de familiares ou amigos, o que dinamiza a hostalaría, o comercio e a vida social de Ribadeo durante esa fin de semana de setembro”.

Pola súa parte, Carmen Cruzado, presidenta da asociación de comerciantes Acisa, subliñou os beneficios que xera o evento para o conxunto da localidade: “Unha actividade deste tipo sempre repercute de forma positiva na economía local. Setembro aínda é verán e os participantes aproveitarán para coñecer o noso patrimonio, a nosa gastronomía, as paisaxes e o comercio local. Agardamos que gocen de todo o que Ribadeo lles ofrece”.

⚙ Configurar cookies
0.1712281703949