Ribadeo acomete a limpeza dos xardíns e arredores dos edificios de Benestar Social

AMariñaXa
O executivo mellora os espazos exteriores dos edificios de Benestar Social para garantir o seu bo estado e facilitar o disfrute dos usuarios e visitantes
Residencia maiores de Ribadeo
19 sep 2024

O Concello de Ribadeo está a levar a cabo labores de limpeza e mellora nos xardíns e nas inmediacións dos edificios que dependen da área de Benestar Social, co obxectivo de mellorar o estado destes espazos e ofrecer as mellores condicións para os seus usuarios. Entre os edificios onde se están realizando estas actuacións destacan a residencia de maiores e o centro de día.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, destacou a importancia desta intervención. "Estas tarefas eran necesarias para que as zonas que rodean estes edificios estean nas mellores condicións posibles, tanto para os usuarios como para as súas familias e amigos que os visitan", explicou. Sierra tamén subliñou que o bo tempo destes días favorece o desenvolvemento das accións de limpeza, permitindo que os espazos estean en óptimo estado para o disfrute de todos.

 

 

0.15606808662415