Ribadeo acollerá unha xornada informativa sobre as axudas para previr e paliar os danos causados polo lobo

AMariñaXa
Ribadeo acollerá unha xornada informativa sobre as axudas para previr e paliar os danos causados por ataques do lobo.
lobo 1
lobo 1
27 Feb 2023

O vindeiro mércores, 1 de marzo, Ribadeo acollerá unha xornada informativa sobre as axudas que convoca a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para previr e paliar os danos causados por ataques do lobo.

A sesión comezará ás 12.00 horas no salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias. Vai dirixida a todos aqueles gandeiros e gandeiras que estean interesados en asistir.

O  obxectivo é divulgar entre os titulares de explotacións agrícolas e gandeiras da zona as axudas activadas pola Xunta para aplicar medidas de protección que eviten ou mitiguen os prexuízos causados polo lobo.

Na xornada intervirán o xefe territorial da Consellería en Lugo, Jesús Montouto; o xefe do Servizo de Patrimonio Natural, Víctor Manuel García; e o xefe da Sección de Biodiversidade, Antonio Callejo.

Será un encontro de carácter técnico no que darán a coñecer os apoios que a Xunta pon á disposición dos afectados e aclararán os aspectos máis relevantes relacionados coa solicitude e xestión das axudas.

0.18499183654785