Ribadeo acollerá un taller gratuíto de taichí na praza Pancho Maseda

O Concello de Ribadeo organiza, xunto con Chen Taichi Center Gijón, un taller de taichí que terá lugar este sábado, 28 de marzo, na praza Pancho Maseda. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “trátase dunha actividade gratuíta, que se desenvolverá entre as 12:00 e as 13:30 horas”.
Silvent animou a toda a veciñanza, e especialmente aos afeccionados a esta disciplina, a participar: “Convidamos a todos os amantes do taichí a achegarse este sábado á praza Pancho Maseda para gozar dunha mañá de deporte ao aire libre e de xeito totalmente gratuíto”.
As persoas interesadas en obter máis información ou resolver dúbidas poden chamar ao número de teléfono 636 39 93 95, contactando con Gabi. A iniciativa pretende fomentar a práctica deportiva na rúa, nun entorno aberto e seguro, combinando actividade física, relaxación e socialización.