Ribadeo acolle unha conferencia sobre a represión franquista contra as mulleres

AMariñaXa
Montse Fajardo Pérez, xornalista e escritora, ofrecerá a conferencia o 12 de marzo no Salón de Actos da Escola Municipal de Música
A-represeion-franquista-contra-as-mulleres-ribadeo-2025
8 Mar 2025

O vindeiro mércores 12 de marzo, Ribadeo acollerá unha conferencia-coloquio titulada "A represión franquista contra as mulleres", que terá lugar no Salón de Actos da Escola Municipal de Música ás 19:30 horas. A relatora será Montse Fajardo Pérez, xornalista e escritora especializada en temas de memoria histórica e feminismo.

Nesta conferencia, Fajardo Pérez abordará as vivencias e sufrimentos das mulleres durante o franquismo, facendo especial fincapé nas distintas formas de represión que foron vítimas as mulleres naqueles anos. A actividade, de entrada libre, busca visibilizar un aspecto importante e moitas veces esquecido da historia da posguerra en España.

A conferencia tamén dará paso a un coloquio posterior, no que os asistentes poderán compartir as súas reflexións e preguntarlle á relatora sobre o contido da charla. A cita é unha oportunidade para reflexionar sobre a historia e as consecuencias da represión no colectivo feminino, así como para promover o debate e a memoria histórica na vila.

⚙ Configurar cookies
0.6039571762085