Ribadeo acolle un concerto da Unidade de Música do Cuartel Xeral de Apoio á Manobra do Exército de Terra

AMariñaXa
A Unidade de Música do Cuartel Xeral de Apoio á Manobra do Exército de Terra ofrecerá un concerto o vindeiro sábado, 15 de xuño, no Cine Teatro de Ribadeo.
teatro-Ribadeo
teatro-Ribadeo
11 jun 2024

A Unidade de Música do Cuartel Xeral de Apoio á Manobra do Exército de Terra ofrecerá un concerto o vindeiro sábado, 15 de xuño, no Cine Teatro de Ribadeo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “o próximo sábado, día 15 de xuño, ás 20.30 horas no Cine Teatro, estamos invitados ó concerto do Día das Forzas Armadas”.

A edil ribadense explicou que “será a Unidade de Música do Cuartel Xeral de Apoio á Manobra do Exército de Terra, a que nos deleite cun concerto, con música de diferentes estilos, non só música militar. Para poder asistir hai que recoller a invitación, de balde, na Casa do Viejo Pancho en horario de 9.00 a 14.00 horas. Vémonos no Teatro”.