Ribadeo acolle o tradicional concerto na honra de Santa Cilla

AMariñaXa
A Escola Municipal de Música e Danza honrará á patroa dos músicos coa primeira actividade deste curso
santa-cilla-ribadeo
17 Nov 2024

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o vindeiro mércores, 20 de novembro, ás 19.00 horas no auditorio Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cilla, patroa dos músicos, que será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.

Polo escenario do auditorio pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de diversos estilos. Agrupacións de vento, corda, tecla, danza, entre outros, darán forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran Festival de Nadal que a Escola celebrará o 14 de decembro tamén no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.

A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, anima “a todas e todos os ribadenses a celebrar a patroa da música participando nas actividades preparadas polas distintas entidades”.

 

0.1726541519165