Ribadeo acolle o Tournament de Mini Basket con 200 xogadores

Ribadeo converterase durante o primeiro fin de semana de abril no escenario do Mini Basket, coa celebración do Tournament organizado polo Concello de Ribadeo, o CB Ría de Ribadeo e a Xunta de Galicia, e patrocinado por The Basket Dream. O evento reunirá a 200 xogadores e xogadoras procedentes de catorce clubs, tanto da Mariña como de Pontevedra e Asturias.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “serán dous días de torneos femininos e masculinos nas canchas dos pavillóns de Alfredo Deaño, da Avenida de Luarca e nas instalacións do CEIP Gregorio Sanz”. Silvent destacou o valor social e turístico do torneo: “Estas nenas e nenos que veñen de fóra pasarán aquí a fin de semana, moitos deles acompañados das súas familias, que aproveitarán para coñecer e gozar de Ribadeo e da súa contorna”.
O edil tamén sinalou que agardan que a presenza dos visitantes “teña un impacto importante na hostalería e no comercio de Ribadeo”, poñendo en valor a combinación de deporte e turismo como motor de dinamización local. Esta cita deportiva consolidase así como unha oportunidade para fomentar a práctica do baloncesto, reforzar lazos entre clubs e familias, e impulsar a visibilidade da comarca.