Ribadeo acolle este sábado o primeiro Máster Territorial Sénior de Bádminton

AMariñaXa
O torneo vaise disputar nas modalidades de individual, dobres e dobres mixtos. Dará comezo ás 9:30 horas e rematará cara as oito da tarde coa entrega de trofeos
master-badminton-ribadeo-xaneiro-2025
24 Jan 2025

Ribadeo acolle este sábado, 25 de xaneiro, o primeiro Máster Territorial Sénior de Bádminton, que organiza o Club de Bádminton A Mariña.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “van participar 70 xogadores procedentes de varios puntos de España. O torneo vaise disputar nas modalidades de individual, dobres e dobres mixtos. Dará comezo ás 9:30 horas e rematará cara as oito da tarde coa entrega de trofeos”.

Silvent subliñou que “é un Máster puntuable para o circuíto nacional de bádminton”.

O edil ribadense dixo que “Ribadeo aumenta as súas modalidades deportivas locais. Consideramos que para os amantes do bádminton é un aliciente poder presenciar un evento destas características na nosa vila, xa que estamos a falar dun Máster a nivel nacional”.

Colaboran co Club de Bádminton da Mariña o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

0.17580103874207