Ribadeo acolle ata o 15 de xullo un campus de ximnasia rítmica impartido por tres campioas olímpicas en Tokio 2020

AMariñaXa
 Ribadeo acolle desde onte e ata o 15 de xullo un campus de ximnasia rítmica impartido por tres búlgaras campioas olímpicas en Tokio 2020. 
Ribadeo Foto campus ximnasia ritmica 2
11 Xul 2023

 Ribadeo acolle desde onte e ata o 15 de xullo un campus de ximnasia rítmica impartido por tres búlgaras que se proclamaron campioas olímpicas en Tokio 2020. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou: “estamos moi contentos de que se imparta este campus en Ribadeo. É algo extraordinario para o noso pobo que campioas de ximnasia rítmica e deportistas de elite se fixen en Ribadeo para ensinarlles ás nosas nenas todo o que elas saben”.

O edil ribadense explicou que “é un campus impartido por tres rapazas búlgaras, que se proclamaron campioas olímpicas en Tokio 2020. E só pasan por Ribadeo e por Zaragoza. A cita comezou onte e rematará o 15 de xullo”. 

Silvent tivo palabras de agradecemento para os clubs organizadores deste campus: “queremos tamén dar as grazas as clubs Quicela e Porta Norte por facer realidade este campus e queremos amosarlles o apoio da Concellería de Deportes de Ribadeo”. 

0.4090621471405