Retómase o VII Torneo de Bolo Celta da Pontenova
AMariñaXa
O colectivo dos Xogos Populares e Tradicionais de Santalla en colaboración co Concello da Pontenova organizan o VII Torneo de Bolo Celta.
18 sep 2022
O colectivo pontenovés dos Xogos Populares e Tradicionais de Santalla en colaboración co Concello da Pontenova organizan o VII Torneo de Bolo Celta.
Esta cita deportiva terá lugar o 1 de outubro, no campo de bolos de Boulloso, no casco urbán da Pontenova. Os horarios nas que están previstas as competicións comezan as 9.00 e duran ata as 13.00 horas e continúan pola tarde de 15.00 a 20.00 horas.