Piragüismo Altruán de Ribadeo: A unión entre a veciñanza e a contorna da ría coa costa

AMariñaXa
O Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo naceu o 27 de abril de 1982 como unha iniciativa particular para dinamizar o piragüismo
24 Abr 2022

Por Ana Somoza López.

Altrúan de Ribadeo, un club de piragüismo con 40 anos de historia.

O Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo naceu o 27 de abril de 1982 como unha iniciativa particular para dinamizar  o piragüismo en Ribadeo e arredores. Dende a súa fundación, mantivo ao longo destes 40 anos de historia  unha actividade ininterrumpida, con maior ou menor presenza, fomentando tanto o piragüismo de  competición como outras modalidades máis lúdicas, e dando soporte actualmente a máis de 70 socios. 

Falar do Altruán, implica falar do seu secretario, José A. Fernández Fernández, persoa imprescindible no  día a día do club, e que vén loitando polo piragüismo en Ribadeo dende hai máis de vinte anos, xunto ao traballo doutros socios e socias.

O club, vive neste 40 aniversario a mellor etapa da súa historia, coa mirada posta na reforma das súas  instalacións na praia dos Bloques, comprometida xa polo Concello de Ribadeo e a Deputación de  Lugo. Cun aumento significativo en calidade e cantidade da súa canteira de competición, formada  actualmente por aproximadamente 30 deportistas dende prebenxamíns ata xuvenís, que na pasada  tempada 2020/2021 codearonse cos mellores a nivel provincial, autonómico e nacional. 

Así, pódese destacar o terceiro posto por clubs na Liga Provincial, na que os nosos deportistas obtiveron  preto de 60 metais nas seis competicións que forman a liga. Os inumerables podios e bos resultados en  competicións autonómicas e nacionais de Andrea Rodriguez, Ángela Fernández e Nicolás Gayol na  categoría cadete, que levaron a superar nas clasificacións finais a grandes clubs de Galicia e do resto  de España aínda cun equipo moito máis pequeno. Así como o debut en competición autonómica de Elena González (Prata no Trofeo Xacobeo en Muller Alevín A), Martín Feijoo e Brais Vizoso (Subcampións  Galegos en K2 Benxamin A).

O club non so un equipo de competición, senón un nexo de unión entre a cidadanía ribadense e o entorno que forma a ría e a costa

Ademáis de toda a actividade de competición prevista para esta tempada 2021/2022, na que Nicolás Gayol, que compaxina estudos e adestramento no Centro Galego de Tecnificacion Deportiva, intentará loitar por unha praza para as competicións internacionais na súa primeira tempada na categoría xuvenil, o club afronta este 40 aniversario con diversas actividades tanto lúdicas como formativas.

Así pois, o 13 de febreiro tiveron un curso de augas bravas no río Sor, que foi o primeiro doutros de diferentes  disciplinas que anunciarán próximamente; e xa cara o mes de xullo retomarán a xa tradicional  Travesía de Kaiak de Mar Praia das Catedrais.

Ademáis, como non podía ser doutro xeito, o club manten unha implicación firme co coidado do medio ambiente, fomentando isto entre todos os seus socios, que recollen calquera tipo de lixo que se atopan nas súas continuas saídas pola ría de Ribadeo e a costa do occidente de Asturias e a Mariña Lucense.

Todo isto fai do club non so un equipo de competición, senón un nexo de unión entre a cidadanía ribadense e o entorno fantástico que forma a ría e a costa. Así, cada verán deciden iniciarse no piragüismo máis nenos e nenas a través da Escola Deportiva Municipal e dos diferentes cursos que  organiza o club polos seus medios  cada vez máis limitados en proporción ao crecemento exponencial que  está a vivir.

0.19396090507507