Reparten 35.000 máscaras entre os concellos de menos de 20.000 habitantes

TerraChaXa | AMariñaXa
Reparten 35.000 máscaras entre os concellos de menos de 20.000 habitantes. Entregounas o Goberno central á Deputación
Captura de pantalla 2020 09 08 a las 9.06.11
3 Dec 2020

A Deputación levou a cabo este martes e mércores o reparto das 35.000 mascarillas que lle entregou o Goberno central para a súa distribución entre os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

O material estase distribuíndo como se vén facendo dende o inicio da pandemia, tanto cos pedidos realizados pola Deputación como outros entregados polo Goberno estatal, repartindo de maneira proporcional entre os concellos segundo o número de habitantes de cada municipio.

Este novo reparto enmárcase no acordo de distribución de material sanitario adoptado polos ministerios de Política Territorial e de Sanidade coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). As tarefas de reparto desenvolveunas o persoal do Parque Móbil da Deputación con once vehículos, unha labor coordinada de tal forma que cobre todos os concellos de xeito áxil. “Seguen un protocolo seguro e eficiente que xa utilizamos en máis ocasións durante a pandemia e desta maneira garantimos que cheguen o máis pronto posible, porque canto antes cheguen, antes se poden organizar os concellos para distribuír todo o material de protección”, subliñou Tomé Roca.

“Dende a Deputación imos a seguir colaborando coa máxima lealdade institucional cos concellos e con outras administracións, neste caso co Goberno central, para que os veciños e veciñas da provincia de Lugo estean o máis protexidos posible, e para lograr este obxectivo, en función de como evolucione a pandemia, dende a Deputación estaremos atentos a outras posibles colaboracións”, asegurou o Presidente.

“A Deputación é a institución máis próxima aos concellos, e polo tanto á veciñanza, e temos que estar con eles para afrontar a crise do coronavirus unidos e en total coordinación e cooperación”, subliñou José Tomé.

0.15098214149475