Renovado o céspede artificial da pista de pádel de Xove
AMariñaXa
O Concello de Xove informou da renovación do céspede artificial da pista de pádel municipal. por un orzamento de 20.000 euros
10 Ago 2022
O Concello de Xove informou da renovación do céspede artificial da pista de pádel municipal. "O céspede vello desta pista estaba moi desgastado debido ao seu uso intensivo", din dende o equipo de Goberno local, "foi a empresa Instalacións Bahía Park S.L. a encargada de realizar o traballo, contando cun investimento de 20.000 euros aportados íntegramente polo Concello".
A pista de pádel permanece aberta para a práctica deste deporte de luns a domingo en horario de 10.00 a 23.30 horas, agás cando as inclemencias meteorolóxicas ou a realización de labores de mantemento non fan posible a súa apertura.